Foto

Descrición do proxecto EGI-InSPIRE

Proxecto co-financiado pola Comisión Europea (contrato RI-261323).

 

Web

        http://www.egi.eu/projects/egi-inspire/

 

Data de inicio

         01-05-2010

 

Data de finalización

        01-05-2014

 

Duración

       48 meses

 

Presuposto total

  72 millóns de euros (financiamento da Comisión Europea: 25 millóns de euros).

 

Persoas/mes

9.261 (equivale a 192 persoas a tempo completo durante o proxecto) - 2.315 persoas/mes financiadas polo proxecto e o resto  achegado polos membros.

 

Participantes

EGI-InSPIRE é un consorcio de 50 membros, coordinado pola Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), e que inclúe 40 NGIs (National Grid Initiatives), dúas Organizacións de Investigación Intergobernamentais Europeas (CERN e EMBL) e oito membros da rexión de Asia-Pacífico, pertencentes a 37 países europeos, 6 asiáticos e 3 de Oceanía.

RedIRIS pertence á NGI española, que colabora estreitamente coa portuguesa no marco de Ibergrid.

 

Actividades

NA (Networking Activities - actividades de traballo en rede). Inclúe xestión do proxecto e do consorcio (NA1), relacións externas (NA2) e coordinación das comunidades de usuarios (NA3).

SA (Service Activities - actividades de servizo) - Inclúe a operación fiable da infraestrutura de produción (SA1), provisión da infraestrutura software (SA2) e o soporte ás grandes comunidades de usuarios (SA3).

JRA (Joint Research Activities - actividades de investigación conxunta) -  centrado no desenvolvemento de novos elementos para as ferramentas de operación (JRA1).