Foto

EGI-InSPIRE

EGI-InSPIRE (Integrated Sustainable Pan-European Infrastructure for Researchers in Europe) é un proxecto co-financiado pola Comisión Europea, e posto en marcha o 1 de maio de 2010 como resultado da colaboración de máis de 100 institucións e 40 países. Entre estas institucións encóntranse 37 Iniciativas Grid Nacionales (NGIs), dúas Organizacións de Investigación Intergobernamentais Europeas (EIROs) e oito membros da rexión de Asia-Pacífico.

Durante a terceira fase do proxecto EGEE (EGEE-III, finalizado a finais de Abril do 2010) migrouse dun modelo de infraestrutura de Grid baseado nun proxecto comunitario, desenvolvido durante as dúas primeiras fases do proxecto EGEE, a un modelo baseado na federación de Infraestruturas Nacionais de Grid (NGIs).

O proxecto EGI-InSPIRE ten como misión establecer unha e-Infraestrutura Europea de Grid (EGI, European Grid Infrastructure) sostible e confiable que poida dar soporte ás necesidades de análise de datos a grande escala que teñen hoxe en día os científicos europeos e os seus socios internacionais. Para iso conta cos provedores de infraestruturas Grid europeos e do resto do mundo e coas novas tecnoloxías de Infraestruturas de Computación Distribuída (DCIs) que se están a desenvolver.

EGI-InSPIRE recollerá as necesidades dos usuarios e proporcionará soporte ás comunidades de investigadores identificadas na actualidade (p. ex., física de altas enerxías, astronomía, biotecnoloxía...) e ás que poidan xurdir.