Foto

ELLA

ELLA (Feasibility Study for a direct Europe Link with Latin America) é un proxecto financiado polo VII Programa Marco de I+D+i da Unión Europea, a través do cal se estuda a viabilidade do despregamento dun cable submarino directo entre Europa e Latinoamérica para mellorar a colaboración das comunidades académicas e científicas de ambas as comunidades, e reducir os custos dos servizos de conectividade. Lograríase así non depender de infraestruturas despregadas no Atlántico norte entre os Estados Unidos e Canadá e Europa, obtendo unha conexión directa vía África Occidental.

O proxecto, ademais de estudar a viabilidade dese despregamento, intentará obter apoios para que se leve a cabo, e posibilitar a formación dun consorcio para executar esa infraestrutura.

O proxecto impúlsao un consorcio formado por Redes de Investigación e Educación ("National Researc and Education Networks ", NRENs) de Europa e Latinoamérica:  GARR (Italia), RedCLARA (Latinoamérica), RNP (Brasil), FCCN (Portugal), INNOVA-T (Arxentina) e RedIRIS. Estas NRENs interactuarán con organismos públicos e operadores para analizar o estado da situación e as posibilidades de levar a cabo o despregamento directo de cable submarino entre Europa e Latinoamérica.