Afiliación a RedIRIS

O Ministerio de Economía e Competitividade ofrece a rede telemática RedIRIS para proporcionar aos investigadores españois os servizos de telecomunicacións que require a súa actividade e polo tanto determina en todo momento as condicións de afiliación á rede.

Requisitos de afiliación:

Para acceder aos servicios de RedIRIS, as institucións interesadas deben seguir un proceso de afiliación no que deben:

  • Probar a súa condición de organismo legalmente constituido con personalidade xurídica propia
  • Identificar a súa actividade principal nalgunha das categorías susceptibles de afiliación, dentro das establecidas ao efecto na política de afiliación que foi aprobada polo Ministerio de Economía e Competitividade

O Ministerio de Economía e Competitividade, como organismo competente sobre RedIRIS, e responsable do seu finanzamento e estratexia, resérvase o dereito de revisar en calquer momento as condicións de afiliación e, no seu caso, a participación en RedIRIS de calquera institución afiliada.

As institucións susceptibles de afiliación deben ser encadradas en ao menos unha das seguintes categorías:

 

 

A.1) Universidades públicas e privadas, sen ánimo de lucro, incluíndo os seus centros adscritos


A.2) Organismos públicos de investigación e instalacións científico tecnolóxicas singulares (ICTS) con personalidade xurídica propia


A.3) Centros e institutos tecnolóxicos e de investigación con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que participen en proxectos do Plan Nacional de I+D+i ou planes equivalentes de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

A.4) Unidades docentes ou de investigación dos hospitais públicos e privados sen ánimo de lucro que participen en proxectos de I+D+i de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

Ademáis das institucións anteriores, tamén poderán afiliarse:

 

 

B.1) Organismos xestores de programas de I+D+i con financiación pública.


B.2) Institucións con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que dispoñan de importantes contidos dixitais relevantes para a comunidade científico-técnica e que os poñan a disposición desta.


B.3) Entidades que participan en proxectos do Plan Nacional de I+D+i ou equivalentes, de ámbito autonómico, nacional ou internacional, durante e para o desenvolvemento destes proxectos.


B.4) Parques científicos e tecnolóxicos sen ánimo de lucro que dispoñan nas súas instalacións dalgunha institución afiliada a RedIRIS e só para o uso de institucións afiliadas a RedIRIS.

B.5) Centros de educación primaria, secundaria, de formación profesional e superior non universitaria, sen ánimo de lucro, tanto públicos como privados, sempre que exista un acordo coa consellería responsable sobre esa materia na Comunidade Autónoma correspondente.

Máis información sobre esta categoría, a ter en conta, antes de enviar a solicitude de afiliación.


B.6) Outras entidades de especial interese para o sistema español de ciencia e tecnoloxía.

 

RedIRIS poderá dispor as medidas técnicas necesarias para que o tráfico intercambiado con estas institucións se limite aos obxectivos establecidos.
A institución solicitante poderá realizar os trámites de afiliación a RedIRIS ben nesta entidade ou en calquera outra na que RedIRIS houbera  delegado. No caso de existir unha rede de investigación na Comunidade Autónoma da institución solicitante, o xestor desta rede será o organismo preferente para tramitar as solicitudes de afiliación a RedIRIS.

 

Procedimento de afiliación:

  1. A institución interesada debe enviar unha carta (pulse aquí para descargar o Modelo de Solicitude) solicitando a afiliación, incluíndo información acerca da organización:
    • principal actividade da organización
    • forma de financiamento
    • participación nos instrumentos do Plan Nacional
    • outros proxectos de investigación nos que participe e o seu financiamento
    • posibles beneficios para a comunidade académica e investigadora grazas ao material que achegaría á rede
    • calquera outra información que considere de interese

    Na solicitude deberá especificar o tipo de información que desexaría que se fixese pública a través da rede, como por exemplo un servidor WEB.

    No caso de que a organización solicitante sexa unha institución de ensino superior achegarase fotocopia do seu recoñecemento como centro de ensino superior no BOE ou boletín similar do goberno autónomo correspondente.

    A carta irá dirixida ao enderezo abaixo indicado, e a Área de Relacións Institucionais poderá poñerse en contacto coa organización para solicitar, en caso necesario, o envío de información adicional.

  2. Se finalmente se considera que a institución pode afiliarse RedIRIS enviarán os seguintes documentos:

    A institución deberá reenviar a Ficha de Afiliación debidamente cuberta a RedIRIS.

  3. A recepción en RedIRIS da Ficha de Afiliación considérase como a data de afiliación da institución. Dende ese momento, o persoal técnico da área de rede poñerase en contacto coa institución para iniciar o proceso do establecemento da  conexión a RedIRIS.

Se desexa obter máis información ou realizar algunha consulta relacionada con aspectos relativos ás afiliacións dirixirse a:

 

Red.es / RedIRIS
Edificio Bronce
Plaza de Manuel Gómez Moreno, s/n - 2ª planta
28020. Madrid
Tel.: 912 127 625 (central de Red.es)
Fax : 915 568 864

ou ben enviar unha mensaxe ao enderezo:
secretaria @ rediris.es