Publicacións e artigos
RedIRIS distribúe entre as súas institucións afiliadas un boletín trimestral que recolle información de actualidade e artigos de investigación relevantes. Ademais, todos os anos se edita un monográfico sobre as xornadas técnicas. Podes acceder aos boletíns de RedIRIS en formato electrónico publicados dende o ano 1996.
Outras publicacións que están dispoñibles son: o folleto coorporativo de RedIRIS, o Catálogo de Servizos de RedIRIS e o suplemento especial que Computing publicou con motivo do 20 aniversario de RedIRIS.
Neste apartado, tamén podes consultar os artigos que o persoal de RedIRIS presentou nos diferentes congresos nacionais e internacionais nos que participa.




