Foto

Difusión e dinamización

RedIRIS ofrece servizos de difusión ás institucións afiliadas e aos cidadáns co obxectivo de mostrar os diferentes servizos, actividades e proxectos nacionais e internacionais que se levan a cabo en RedIRIS. Entre estes servizos, destacan a organización de eventos e cursos de formación, como as xornadas técnicas, que reúnen anualmente máis de 450 representantes de institucións afiliadas; os grupos de traballo; os foros de seguridade, Wi-Fi e ABUSES; os titoriais de grid e outras reunións específicas. RedIRIS publica tamén varias publicacións e difunde notas de prensa relevantes.

 

Estamos en contacto:

Co fin de establecer sinerxías e compartir experiencias cos responsables de comunicación das institucións afiliadas a RedIRIS, creamos a lista de correo IRIS-PRENSA. Se pertences a este colectivo e estás interesado en formar parte desta lista, podes enviar a solicitude ao correo difusion (at) rediris.es.

Ademáis, tódalas persoas interesadas en coñecer novas sobre as actividades e os servizos de RedIRIS, poden seguirnos en: