Cómo chegar a RedIRIS

RedIRIS está situada en:

Edificio Bronce
Plaza Manuel Gómez Moreno, s/n - 2ª planta
28020. Madrid


Ver RedIRIS en un mapa más grande

 

As oficinas de RedIRIS están ubicadas no Edificio Bronce, que aloxa a Entidade Pública Empresarial red.es, organismo que se encarga da xestión operativa de RedIRIS.

O Edificio Bronce atópase na Praza Manuel Gómez Moreno. Esta praza está situada a carón da estación de metro e de tren de curta distancia Nuevos Ministerios, e a forma máis recomendable de acceder a ela é a través da rúa Orense.

Á parada de metro Nuevos Ministerios pódese chegar a través das liñas 6, 8 (liña directa dende o aeroporto) e 10 (acceso ó plano de metro). A  entrada á praza está a moi poucos metros da boca de metro da rúa Orense. Habría que subir a rúa en dirección á Avenida del General Perón e xirar no número 4 para acceder á praza.

Para acceder en tren de curta distancia, a parada que queda máis preto é Nuevos Ministerios. Más información

Tamén se pode chegar a Nuevos Ministerios en autobús a través das liñas 5, 14, 27, 40, 126, 147, 149, 150 e no Circular. Más información.

Cómo chegar desde o aeroporto:

As oficinas de RedIRIS atópanse a unha distancia aproximada de 15/20 quilómetros do aeroporto.  A opción máis recomendable é coller o metro. Na liña 8 pódese chegar directamente a Nuevos Ministerios nun traxecto aproximado de 15 minutos.

Outra opción é empregar o servicio de taxi.  O percorrido, desde o aeroporto, ten unha duración aproximada de 25 minutos e un coste aproximado de 30 euros.

Información de contacto:

Tel.: 912 127 620 /25 (central de Red.es)
Fax: 915 568 864

Enlaces de interese: