Foto

Participación de RedIRIS en GN3plus

 RedIRIS contribúe ao proxecto:

  • Participando na coordinación do proxecto, incluíndo participación no Comité de Innovación e Estratexia e no Comité de Compartición de Custos.
  • Colaborando en varias actividades de servizo estratéxicas, como os servizos troncais de rede (incluíndo aspectos de seguridade da rede troncal), na prestación de servizos de rede, nos servizos de soporte de rede e en servizos de aplicación.
  • Participando na actividade de investigación conxunta sobre tecnoloxías de identidade e confianza
  • Achegando ao consorcio, xunto coa rede académica nacional portuguesa FCCN, un dos enlaces da rede troncal (Madrid-Lisboa), aproveitando a rede de fibra óptica académica transibérica despregada por ambas as dúas organizacións usando as súas redes troncais nacionais.
  • A contribución en persoal de RedIRIS (e das institucións colaboradoras) ao proxecto equivale aproximadamente a cinco persoas a tempo completo durante a duración deste (RedIRIS poñería unha delas).