Foto

Participación de RedIRIS no proxecto FI-WARE

RedIRIS contribúe ao proxecto:

  • Participando na coordinación do proxecto
  • Asumindo un papel central no despregamento e operación da plataforma de probas do proxecto (FI-WARE Testbed - "FIWAT") e no Laboratorio Aberto de Innovación (OIL, Open Innovation Lab). Para iso despregouse unha potente infraestrutura de servidores en centros de proceso de datos conectados a RedIRIS-NOVA. Contouse para iso coa valiosa colaboración de concellos pioneiros en cidades intelixentes (smart cities), como os de Málaga, Sevilla e Santander, que, coa colaboración das universidades desas cidades, desexan fomentar a participación de PEME das súas cidades no desenvolvemento de novas aplicacións
  • Colaborando nas tarefas de difusión, en particular para dar a coñecer as posibilidades da plataforma de probas, co fin de fomentar o uso desta
  • A contribución en persoal de RedIRIS ao proxecto equivale aproximadamente a unha persoa a tempo completo durante a duración deste