Foto

FEDERICA

FEDERICA (Federated E-Infrastructure Dedicated to European Researcers Innovating in Computing networking Infrastructure) é un proxecto financiado polo VII Programa Marco de I+D da UE a través do cal varias redes académicas e de investigación nacionais e centros públicos e privados de I+D crearán unha infraestrutura de rede virtual a escala europea que poderá usarse para levar a cabo actividades experimentais sobre novos servizos e protocolos de Internet.

A rede FEDERICA vaise despregar sobre a infraestrutura multigigabit das redes académicas e de investigación nacionais e da rede paneuropea Géant2. Grazas a ela, os grupos de investigación en novos servizos telemáticos poderán controlar segmentos virtuais de rede, incluíndo nodos virtuais que lles serán asignados e redes de acceso.

O proxecto, ademais de despregar esa infraestrutura virtual para os investigadores, inclúe ademais tarefas internas de investigación para desenvolver solucións para a supervisión, xestión e control de redes virtuais paralelas nun ámbito multidominio de xestión no que diversos axentes controlan distintas partes da infraestrutura.